Martes, 13 de maio de 2008 | 04:45
Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS | English | Castellano
Asociado a
Media Watch Global
O Observatorio Galego dos Medios (OM), entidade vinculada ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), traballa no seguimento da información dos medios e na defensa dun sistema informativo libre, veraz e interactivo.
Revista Internacional de Xornalismo Social
Social Journalism International Review

Xa está editado o primeiro número da revista Comunicación e Cidadanía, coa que o Observatorio continúa a súa misión de vixiar de preto o devir do xornalismo social. Nela inclúense os relatorios e conclusións dos primeiros encontros e foros do Seminario Permanente de Xornalismo Social e Cidadanía, convocados para revisar a cobertura informativa que se lles dá a colectivos que, de acordo cuns intereses comúns e necesidades específicas, desexan facerse escoitar a través dos medios.
O Observatorio galego dos Medios chama á comunidade académica e á cidadanía en xeral a seguir participando dos foros e tamén desta nova publicación.
17/03/2008A xornada presencial do pasado sábado pechou o traballo que se veu realizando a través do foro virtual dende o mes de febreiro. As aportacións de expertos como José Antonio López Rey, Carmen Díaz Simón, Santiago López Avión e Víctor Rodríguez serviron de perfecta conclusión para analizar a relación entre medios de comunicación e organizacións de voluntariado.
28/04/2008Despois de mes e medio de comunicacións na rede, a sesión presencial do Foro Internacional sobre Comunicación e Minorías Étnicas chamou á visibilización destes colectivos e, por riba de todo, das persoas independentemente da súa condición. Da xornada participaron representantes da comunidade académica, as asociacións e o xornalismo profesional, nunha nova tentativa de xuntar experiencias para mellorar a comunicación social.
26/11/2007A especialización dos xornalistas en materia de xénero, a consciencia e o fomento da necesidade dun cambio nas estruturas sociais para "educar" á sociedade son as claves máis repetidas na xornada para a erradicación da violencia machista.
12/05/2008 As facilidades para a incorporación das persoas con discapacidade a internet e as redes sociais centrarán as actividades proxectadas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MITYC) para celebrar o Día Mundial das Telecomunicacións ou Día de Internet , o 17 de maio.
09/05/2008
08/05/2008
07/05/2008
06/05/2008
A Confederación estatal de persoas xordas (CNSE) denuncia a pobreza na oferta de subtítulos das cadeas públicas e privadas, situación que afecta ao acceso das persoas aqueixadas de xordera á información televisada. So en Galicia, esta enfermidade afecta a case 12.000 persoas.
A paliza que un rapaz propinou a outro en Boiro, ante a atenta mirada doutros que os gravaban e coreaban, foi a peza sobre a que xirou o informe do Observatorio dos Medios do CPXG, que concluiu cun decálogo de recomendacións