Venres, 10 de setembro de 2010 | 10:48

Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Observatorio Galego dos Medios de Comunicación




Foros


Comunicación e discapacidade

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Foro Internacional sobre Comunicación e Discapacidades
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Observatorio
Site Admin


Rexistrado: 09 Out 2006
Mensaxes: 218

MensaxePublicado: 08/11/06 16:58    Asunto: Comunicación e discapacidade Responder citando

'Comunicación e discapacidade'
Unha realidade desenfocada
('Communication and disability'
An out of focus reality)
María Teresa Acuña Rodríguez


Resumo: A Comunicación nos últimos anos foise configurando como un ámbito de actividade fundamental tanto para o sector privado como para as administracións públicas e as Entidades sen ánimo de lucro. Os profesionais do xornalismo sofren a ausencia dun proceso de capacitación para a cobertura da pauta relacionada coa discapacidade. Esta lagoa ten a súa orixe, por unha banda, nun currículo desfasado da grande maioría de facultades de comunicación e que se nutre da falta de interese das empresas; pero tamén, e sobre todo, porque a comunicación engloba hoxe en día actividades e funcións moi diversas, que pode desempeñar dende un xornalista ata un analista de mercados ou incluso un deseñador gráfico. Ditos factores contribúen de forma marcada a impulsar o engrenaxe da exclusión que envolve ás persoas con discapacidade. O grande desafío está en que a prensa tome conciencia da necesidade de evitar enfoques superficiais sobre o tema da Discapacidade. Existe a necesidade de artellar esforzos para capacitar a periodistas no senso de evitar que discriminen da axenda das súas reportaxes ás persoas con discapacidade, recoñecendo a urxencia desta pauta.



artigo14.pdf
 Descripcion:
Artigo de María Teresa Acuña Rodríguez

Descargar
 Nombre del archivo:  artigo14.pdf
 Tamaño:  103.33 KB
 Descargado:  738 veces

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
José Villanueva



Rexistrado: 24 Out 2006
Mensaxes: 11

MensaxePublicado: 17/11/06 17:49    Asunto: Responder citando

En canto á capacitación dos profesionais para abordar estes temas, creo que non só se debe á formación universitaria, senón en moitos casos ao mercado laboral e ao traballo que desenvolve nos medios. Sempre pensei que os xornalistas tiñamos que entender un pouco de todo sen saber de nada. De aí radican moitos dos problemas: non existe unha verdadeira especilización porque cun contrato de seis meses nun medio, no que vas traballar facendo noticias de local de todo tipo (sucesos, política, sociedade, deportes...) é imposible tal cousas. Ademais, por moito que un se forme nunha temática, está claro que nunca vai ser un experto en canto que lle vai tocar escribir sobre mil historias.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mónica Abuin Baña



Rexistrado: 09 Nov 2006
Mensaxes: 2

MensaxePublicado: 20/12/06 13:18    Asunto: Responder citando

Estou dacordo con José en que o mercado laboral e o traballo que se desenvolve nos medios non axuda a formar xornalistas especializados.
Pero xa non se trata de ser especializado ou experto en relación coa materia que escrebes. Iso sería o ideal pero tampouco penso que sexa imprescindible (se non falamos de medios especializados).
Penso que se cadra é máis sinxelo que todo iso. O importante é que a información sexa correcta e ter moi claro que se está a falar de persoas. Cando dicimos "minusválido", a información non é correcta e demostramos moi pouco respecto cara unha persoa. Cando dicimos xordomudo, ou linguaxe de xordos, ou linguaxe de signos, ou aínda peor, linguaxe de xestos, a información non é correcta e amosamos moi pouco respecto cara unha persoa.
Pero o que é máis importante neste momento, é que a discapacidade entre nas axendas xornalísticas. E para iso quizais non é tanto que existan xornalistas especializados coma que exista nos medios unha liña editorial clara e posicionada a ese respecto.
Un saúdo
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
oscar_veloso



Rexistrado: 11 Abr 2008
Mensaxes: 6

MensaxePublicado: 22/04/08 14:02    Asunto: Especialización xornalística Responder citando

Con respecto ó posicionamento de Mónica penso, que o primordial sería que os propios medios foran conscientes da realidade e tiveran un posicionamento editorial claro en primeiro lugar, en segundo lugar o ideal sería que os medios contrataran xornalistas especializados para abordar este tema, que en principio ten pouca cabida na axenda dos medios, para contribuir a socializar e concienciar á poboación con este tipo de problemáticas.

Pero repito, o fundamental e que os medios tomen conciencia e porque non dicilo, deberían apostar por contratar a algunha persoa con algún nivel de discapacidade, nas súas plantillas de persoal.

Porque eu teño un amigo que ten dificultades para atopar traballo por unha minusvalía que padece ( non no ámbito do xornalismo , pero supoño que se dará en todos os casos, e en moitos tipos de traballos... )

Asi que menos palabrerías por parte dos medios, e máis aposta por persoal que pode aportar igual ou se cabe máis ( polo seu espíritu de superación que teñen moitas destas persoas )


Un cordial saúdo.

Óscar Veloso.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Foro Internacional sobre Comunicación e Discapacidades Todas as horas son GMT
Páxina 1 de 1

 
  Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro
Puede adjuntar archivos en este foro
Puede descargar archivos de este foro


© phpBB

Privacidade | Mapa Web | Contacto | RSS

Copyright © 2001-2006. Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Reservados tódolos dereitos.