Domingo, 19 de maio de 2013 | 19:33

Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS | English | Castellano

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Observatorio Galego dos Medios de Comunicación




Novas

DENTRO DO PLAN 2010-2013 DE ACCIÓN INTEGRAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Televisión de Galicia, máis accesible ás persoas con discapacidade auditiva

[29/05/2012] A Televisión de Galicia iniciou o subtitulado de programas en todo o sistema ofrecido pola TDT, onde o usuario pode decidir no menú do seu mando a distancia se quere ver os subtítulos ou non.

Programación da TVG subtitulada

Programación da TVG subtitulada

Desta forma, a canle galega favorece o acceso aos telespectadores con discapacidades auditivas.

A través da implementación dun novo sistema de subtitulado, a canle pública galega está levando a cabo os primeiros controis do novo software.

A canle pública galega está inmerso no Plan 2010 de Acción Integral para Persoas con Discapacidade 2010-2013 en Galicia, onde, entre os diversos compromisos que se están desenvolvendo deben facer fincapé no interese na adaptación do seu contido á progresiva incorporación da subtitulación.

INFOPERIODISTAS