A partir das diversas iniciativas que acometa seguindo as vías procedimentais de investigación, información e intervención marcadas na súa Carta de Principios, o OM elabora e fai públicos Informes, Estudos e Protocolos, realizados motu propio ou a petición de parte.
- Declaración de Compostela sobre medios de comunicación e violencia de xénero (pdf, 67,47 KB)
Protocolo consensuado por medio cento de colectivos sociais, profesionais e teóricos da comunicación como colofón dunha Xornada de debates sobre o tema celebrada en Santiago de Compostela.
- Informe da comunicación 2004-2005 (pdf, 3,15 MB)
Detalle da actividade informativa e xornalística en Galicia durante o período 2004-2005 que contén tamén información relativa ao Estatuto do/da Xornalista, entre outras cuestións.
- O galego nos medios (2004) (pdf, 253,59 KB)
Informe do Observatorio Galego dos Medios e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia sobre a porcentaxe de emprego da lingua galega nos medios de Galicia, as causas que inciden en que o emprego do galego se produza nesa porcentaxe, etc.
- Situación Laboral dos/das Xornalistas Galegos/as (pdf, 12,44 MB)
Estudo elaborado polo Observatorio dos Medios arredor da situación laboral na que se atopan os traballadores e as traballadoras da información e da comunicación en Galicia.
- Recomendacións sobre o tratamento nos medios dos casos de violencia que afecten a menores (pdf, 281 KB)
Pautas elaboradas polo Observatorio dos Medios tras o estudo do tratamento da noticia da agresión a un rapaz de Escarabote (Boiro) por outros dos menores que grabaron a malleira.
- Informe sobre o tratamento mediático do accidente de Barajas (pdf, 350,17 KB)
Informe do Observatorio dos Medios sobre a cobertura mediática do accidente do voo JK5022 o 20 de Agosto de 2008