Politica de privacidade
Ao aceptar o presente documento contractual vostede declara expresamente que:
- É una persoa capaz de discernir.
- Que entrou a esta web pola súa propia vontade e que non foi coaccionado/a para iso.
- Que recoñece e entende que o contido de moitas das páxinas que se localizan a través do motor de busca e do directorio do CPXG poden conter imaxes, son ou texto que resulten ofensivos e inadecuados e que poden atentar contra a moral e os bos costumes.
- Que a selección dos servizos que o/a usuario/a desexe adquirir faina pola súa soa e única conta e risco.
- Que leu os termos e condicións deste documento, aceptándoos baixo a súa soa e única conta e risco.
- Condicións xerais de contratación
- Disposicións preliminares
- Proceso de contratación
- Propiedade intelectual dos contidos da web
- Responsabilidades
Arriba
Condicións xerais de contratación
O
CPXG a través destas Condicións Xerais de Contratación protexe os lexítimos intereses dos/das consumidores e usuarios que fan uso dos servizos que ofrece gratuitamente a través do seu portal
web.
A utilización, dos servizos e canles da web, atópase sometida a avisos e instrucións postas en coñecemento do/da usuario/a polo CPXG.
Confidencialidade no tratamento automatizado dos datos de carácter persoal dos/da usuarios/as.
O CPXG garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal facilitados polos/as usuarios/as e o seu tratamento automatizado segundo a lexislación vixente sobre protección de datos de carácter persoal (Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, así como toda a normativa aplicable a esta materia).
O CPXG adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requeridos, e instalou todos os medios e medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados. A pesar diso, o/a usuarioi/a debe ser consciente de que as medidas de seguridade en internet non son inexpugnables.
Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados polo CPXG.
O CPXG proporcionará aos/ás usuarios/as os recursos técnicos adecuados para que, con carácter previo á entrega dos datos persoais, poidan acceder a este aviso sobre a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal ou a calquera outra información relevante, e poidan prestar o seu consentimento a fin de que o CPXG proceda ao tratamento automatizado dos datos persoais dos/das usuarios/as.
O CPXG resérvase o dereito a modificar a presente política para adaptala a novidades ou esixencias lexislativas e xurisprudenciais así como a prácticas da industria, tendo en todo momento en conta os lexítimos intereses do/da consumidor/a ou usuario/a. Certos servizos prestados na web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais.
ArribaI. Disposicións preliminares
- I.1. Normas de contratación: O presente contrato constitúese como Condicións Xerais de Contratación dos servizos suministrados polo CPXG, estando o seu obxecto e demais condicións expostas en adiante. Para a subscrición e alta efectiva nos servizos ofrecidos polo CPXG que así o requiran é necesario ler e encher o formulario de subscrición.
As presentes condicións están suxeitas ó disposto na Lei 7/1998, de 13 de abril, sobre Condicións Xerais da Contratación (BOE 14-4-1998), na Lei 26/1984, de 19 de xullo, Xeral para a Defensa de Consumidores/as e Usuarios/as (BOE 24-7-1984), no Real Decreto 1906/1999, de 17 de decembro de 1999, polo que se regula a Contratación Telefónica ou Electrónica con Condicións xerais en desenvolvemento do artigo 5.3 da Lei 7/1998, de 13 de abril de 1998, de Condicións Xerais da Contratación, a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a Lei 7/1996, de 15 de xaneiro de Ordención do Comercio Minorista, e demais disposicións vixentes.
I.2. Obxecto do contrato: O contrato ten por obxecto regular as Condicións xerais de prestación dos servizos ofrecidos gratuitamente polo CPXG a través da súa web.
- I.3. Partes contratantes: O CPXG é unha empresa que ten por actividade principal proporcionar información da actualidade en materia de comunicación a través de internet, contando ao efecto cos medios e autorizacións suficientes, a través do dominio Xornalistas.com.
- I.4. Consumidor/a ou usuario/a: Enténdese por consumidor/a (destinatario final) e por usuario/a (destinatario do servizo), calquera persona (física ou xurídica), que adquira, utilice ou goce, calquera dos servizos que se especifican na web do CPXG.
ArribaII. Proceso de contratación
- II.1. Alta nos servizos. Subscrición: Para o procedemento de alta nos servizos gratuítos ofrecidos polo CPXG na súa web, que requiran subscrición, será necesaria a recopilación de datos persoais que o/a usuario/a facilitará libre e voluntariamente e que se fará efectiva no Formulario de Subscrición, a efectos dos que se declara que toda a información subministrada á hora de rexistrarse é veraz, completa e precisa. Toda a información dos seus datos persoais será tratada de conformidade ao estipulado no apartado II.3 destas Condicións e á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de 1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
No caso de que sexa necesaria a cesión dos datos de carácter persoal do usuario/a por parte do CPXG a terceiros, o CPXG advertirá e solicitará ó usuario/a previa e expresamente da cesión, indicando a identidade do cesionario e a finalidade da cesión.
En todo caso, reveleranse os datos dos usuarios/as por requerimento das autoridades administrativas competentes ou por mandato xudicial.
O/A usuario/a declara que todos e cada un dos datos e informacións achegados son correctos, e que coñece e acepta na súa integridade as Condicións, que rexerán a partir da contratación as súas relacións co CPXG.
O/A usuario/a debe aceptar as condicións para iniciar o proceso de rexistro.
- II.2. Claves de Acceso: O usuario/a elexirá e indicará as súas propias Claves de Acceso (nome de usuario, "log" e contrasinal, "password"), non podendo elexir como "login" palabras, expresións ou conxuntos gráfico-denominativos malsoantes, inxuriosos, coincidintes con marcas, nomes comerciais, rótulos de establecementos, denominacións sociais, expresións publicitarias, nomes e seudónimos de personaxes de relevancia pública ou famosos/as para cuxa utilización non estea autorizado/a e, en xeral, contrarios á lei ou ás esixencias da moral e dos bos costumes xeralmente aceptados.
A asignación do nome de usuario/a (log) prodúcese de maneira automática previa elección do/da usuario/a. No suposto de que estas claves solicitadas estean reservadas, o usuario/a deberá introducir unhas novas claves de acceso.
O usuario/a comprometese a facer un uso dilixente das Claves de Acceso, a non poñelas a disposición de terceiros/as, e a comunicarlle ao CPXG a perda ou roubo das Claves de Acceso e o posible acceso por un/unha terceiro/a ás mesmas.
- II.3. Datos persoais do usuario:
- II.3.1. Protección, recollida e tratamento automatizado dos datos de carácter persoal
Os datos persoais subministrados polo/a usuario/a son confidenciais e están protexidos conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de 1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, ó Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, e demais disposicións vixentes.
O CPXG informa os/as usuarios/as sobre a súa Política de Protección de Datos de Carácter Persoal, para que os/as usuarios/as determinen libre e voluntariamente se desexan facilitar os seus datos persoais.
O CPXG adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requeridos, e instalou todos os medios e medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados. O/A usuario/a debe ser consciente de que as medidas de seguridade en internet non son inexpugnables.
O CPXG reservase o dereito a modificar as presentes Condicións para adaptalas a novidades ou esixencias lexislativas e xurisprudenciais así como a prácticas da industria, tendo en todo momento en conta os lexítimos intereses do/da consumidor/a ou usuario/a.
Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados polo CPXG con enderezo na rúa San Pedro de Mezonzo 48, 1º C, CP 15701 Santiago de Compostela.
- II.3.2.Finalidade da recollida e tratamento automatizado de datos de carácter persoal
A recollida e tratamento automatizado dos datos persoais, como consecuencia da navegación polas páxinas da web, da consulta, solicitude ou subscrición de calquera servizo/s, promoción/s ou concurso/s, dos ofrecidos polo CPXG, ten como finalidade, proporcionarlle ao/á usuario/a unha experiencia persoalizada na rede dos sitios do CPXG e o mantemento da relación contractual establecida entre ambos os dous, así como a xestión, administración, prestación, ampliación e mellora dos servizos nos que o/a usuario/a decida subscribirse, darse de alta ou utilizar, e a adecuación deses servizos ás preferencias e gustos dos/das usuarios/as.
Tamén ten como finalidade o estudo cuantitativo e cualitativo das visitas e da utilización dos servizos por parte dos/das usuarios/as, o deseño de novos servizos relacionados cos servizos propios do CPXG e as súas actualizacións, e o envío por medios tradicionais e electrónicos de información técnica, operativa, aquela relacionada cos parámetros concretos seleccionados polo/a usuario/a no Formulario de Subscrición, formularios de enquisas ou información comercial ou publicitaria sobre os produtos e servizos ofrecidos polo CPXG.
En ningún caso O CPXG utilizará os datos persoais dos usuarios/as para fins distintos dos anteriormente mencionados, agás previa advertencia recollida na web outorgando un prazo razoable para a oposición do/da usuario/a.
O CPXG actúa como mero difusor en relación aos "banners" ou outros medios publicitarios, que aparecen na web alleas a servizos prestados polo CPXG.
- II.3.3.Dereitos dos/das usuarios/as en relación aos seus datos persoais
Os/As usuarios/as teñen recoñecidos, e poderán exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento, uso e cesión dos seus datos mediante comunicación dirixida ó CPXG por correo postal dirixido ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, rúa San Pedro de Mezonzo, 48, 1º C CP 15701 Santiago de Compostela, acompañando neste caso copia do carné de colexiado que permita acreditar a súa identidade.
O/A usuario/a exerce o seu dereito a estar informado, sobre as finalidades para as que se autoriza o uso dos seus datos, e das cesións realizadas polo CPXG dos seus datos a terceiros/as colaboradores/as do CPXG.
- II.3.4.Cesión de datos persoais dos/das usuarios/as a terceiros/as
O CPXG non cederá os datos persoais dos/das usuarios/as que se recollen a través da web a terceiros/as sen consentimento expreso do/da usuario/a. Para iso o CPXG ofrecerálle previamente ao usuario/a a posibilidade de aceptar ou non esta cesión.
O CPXG informará expresamente o/a usuario/a sobre a cesión dos seus datos de carácter persoal a terceiros/as, indicando a identidade dos/das cesionarios/as e a finalidade da cesión dos datos de carácter persoal.
- II.3.5. Uso de 'cookies' e do ficheiro de actividades
O CPXG pode utilizar cookies cando un/unha usuario/a navega polos sitios e páxinas da web. As cookies son ficheiros enviados a un navegador por medio dun servidor web para rexistrar as actividades do/da usuario/a na web.
As cookies utilizadas polo CPXG están asociadas unicamente cun/cunha usuario/a anónimo/a e o seu ordenador e non proporcionan por si o nome e apelidos do/da usuario/a. Grazas ás cookies, resulta posible que o CPXG recoñeza os/as usuarios/as rexistrados despois de que estes/estas se rexistraran por primeira vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente a eles/elas. Empréganse tamén para medir a audiencia e parámetros do tráfico, controlar o progreso e número de entradas.
O/A usuario/a ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco duro.
*Consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información.
Para utilizar a web, non resulta necesario que o/a usuario/a permita a instalación das cookies enviadas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, sen prexuizo de que sexa necesario que o/a usuario/a inicie unha sesión como tal en cada un dos servizos cuxa prestación esixa o previo rexistro ou login.
De igual maneira, os servidores web do CPXG detectan de maneira automática a IP e o nome de dominio utilizados polo/a usuario/a. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servizos web, etc.
- II.4. Prestación do servizo:
- II.4.1. Carácter gratuíto dos servizos ofrecidos
Os servizos accesibles polos/as usuario/a na web, ofrecidos polo CPXG son en principio gratuítos, sen que o/a usuario/a teña que realizar contraprestación algunha para poder gozar deles. Iso sen prexuízo de que, a utilización dalgún dos servizos da web só poderá facerse mediante a subscrición ou rexistro do/da usuario/a.
O CPXG reservase o dereito de modificar sen previo aviso as Condicións dos servizos incluído o carácter gratuíto dos mesmos.
O/A usuario/a poderá acceder a través da web a servizos ofrecidos por colaboradores do CPXG que disporán das súas propias Condicións xerais de contratación onde se especificará o carácter gratuíto ou oneroso dos mesmos.
- II.4.2. Forma de prestación do servizo
O/A usuario/a poderá contratar un ou varios dos servizos que se especifican na web. Esa contratación poderá realizarse en calquera momento durante a vixencia do presente contrato previa aceptación polo/a usuario/a das Condicións previstas no mesmo.
A prestación destes servizos rexerase segundo as Condicións establecidas no presente contrato, e no seu caso, nas correspondentes Condicións Particulares previstas para os servizos que así o especifiquen. Esa prestación baséase na contratación, por parte do/a usuario/a de calquera dos servizos ofrecidos polo CPXG na web Xornalistas.com.
O servizo suministrado ten carácter persoal e intransferible.
O contido das páxinas web ás que os/as usuario/a acceden a través do servizo de buscador non é controlado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, polo tanto, o seu contido pode cambiar posteriormente sen coñecemento do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que en ningún caso será responsable deste cambio.
ArribaIII. Propiedade intelectual dos contidos da web
Os textos (informacións, conceptos, opinións e outros análogos) e elementos gráficos (deseño, logos, código fonte e outros análogos) que constitúen a web e difundidos a través desta, así como a súa presentación e montaxe, son titularidade exclusiva do
CPXG ou ostenta os dereitos de explotación destes a través de acordos con terceiros.
Neste sentido, constitúense como obras protexidas polo conxunto da regulamentación española e comunitaria no ámbito da propiedade intelectual, conforme ao Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual e a Lei 5/1998, de 6 de marzo, de Incorporación ao Dereito Español da Directiva 96/9/CE sobre a Protección Xurídica das Bases de Datos, resultándolles así mesmo de aplicación os tratados internacionais subscritos neste campo.
O CPXG non concede licencia de uso ou autorización algunha sobre os seus dereitos de propiedade industrial e intelectual ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado coa súa web, agás acordo expreso con terceiros/as.
Os/As usuario/a poderán levar a cabo a reprodución dos contidos da web coa única fin de proceder ao seu almacenamento, á realización de copias de seguridade ou á súa impresión sobre papel para uso privado.
Á marxe do anterior, queda prohibida toda reprodución, distribución, transformación, presentación, total ou parcial, do contido da web ou dalgún dos seus elementos, de forma directa ou indirecta por redes telemáticas ou soportes análogos, cun fin comercial dirixido ao público ou para unha utilización máis aló das mencionadas, aínda citando a fonte, sempre que non se conte coa autorización expresa e por escrito do CPXG e no seu caso de terceiros/as colaboradores/as. O incumprimento do anterior facultará ó CPXG para interpor as accións legais pertinentes.
Quedan especialmente prohibidas:
- A presentación dunha páxina da web nun marco doutra páxina web que non pertenza ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, mediante a técnica "framing" a non ser que conte co expreso consentimento por escrito do CPXG.
- A inserción dunha imaxe difundida na web nunha páxina ou base de datos, non pertencente ao CPXG, mediante a técnica "in line linking" se iso non conta coa expresa autorización do CPXG.
- A extracción e o uso de elementos da web causando ou non un prexuízo calquera ao CPXG, conforme ás disposicións do Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual e a Lei 5/1998, de 6 de marzo, de Incorporación ao Dereito Español da Directiva 96/9/CE sobre a Protección Xurídica das Bases de Datos.
O CPXG deberá autorizar expresamente o establecemento de ligazóns de hipertexto (hipervínculos) noutra web dirixidos á 'homepage' desta web ou a calquera outra páxina interna desta, sempre que as correspondentes páxinas aparezan nunha xanela completa e baixo os enderezos electrónicos propios deste.
Os dereitos non expresamente concedidos anteriormente quedan reservados ao CPXG ou no seu caso a terceiros/as colaboradores/as.
Todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos, logotipos, símbolos, marcas mixtas, figurativas ou nominativas que aparecen nesta web pertencen ao CPXG ou dispón, previa autorización, do dereito de uso sobre as mesmas e atópanse protexidos pola lexislación vixente ao respecto.
ArribaIV. Responsabilidades
Exención de responsabilidade polos contidos e servizos prestados.
O
CPXG inclúe na súa web unha serie de contidos propios dunha publicación electrónica, así como, de seccións elaboradas polo CPXG, ou mediante acordos de colaboración con outras entidades (en adiante referidos de forma xenérica como contidos).
O CPXG proporciónalles aos/ás seus/súas usuarios/as a través da web, múltiples servizos.
Tanto os servizos como os contidos ofrecidos aos/ás usuarios/as poden ser ampliados ou modificados nun futuro polo CPXG, extendéndose a eles todo o disposto neste apartado.
Exención de responsabilidade por contidos facilitados polo CPXG aos/ás seus /súas usuarios/as a través da web, e aqueles accesibles a través do buscador da web.
Os contidos das páxinas web aos que os/as usuarios/as acceden a través do servizo de buscador da web non son controlados polo CPXG, polo que en ningún caso se fará responsable destes.
O CPXG exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan derivarse do acceso aos contidos, informacións, publicidade, opinións, conceptos e imaxes facilitadas aos/ás usuarios/as, ou polos contidos accesibles a través do buscador da web, que sexan contrarios á lei, a moral, a boa fe e a orde pública, infrinxan dereitos de propiedade intelectual, industrial ou conteñan calquera vicio, defecto, virus informático ou rutina de software similar.
No momento no que o CPXG tivera coñecemento de que algún dos contidos, opinións e conceptos aloxados na web foran contrarios á lei, a moral, a boa fe e á orde pública ou que conteñan calquera tipo de virus informático ou rutina de software similar, procederá a súa retirada.
O CPXG exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que puideran derivarse da captación e uso por parte de terceiros/as colaboradores/as das informacións, publicidade, e opinións facilitadas polos/as usuarios/as á web.
En calquera caso o CPXG non se responsabiliza dos contidos, informacións e imaxes que non dependan da web, nin sexan xestionados polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, aínda que aparezan na web en virtude dun convenio de colaboración asinado polo CPXG.
Exención de responsabilidade por contidos aloxados en páxinas web accesibles desde a web
- O CPXG non se responsabiliza da edición, revisión, censura e verificación dos contidos das páxinas ou sitios de internet cos que o/a usuario/a se conecte a través do motor de busca ou de hipervínculos incluídos na web.
- O CPXG non se responsabiliza de ningunha das informacións, opinións e conceptos que se emitan, publiquen ou distribúan directa e indirectamente a través desta web, calquera web interconectada á que se acceda a través da web por medio de ligazóns, ou calquera dos servizos que se vinculen ou relacionen a esta páxina web interconectada.
- O CPXG non se responsabiliza do mal uso que se realice dos contidos da web, sendo exclusiva responsabilidade da persoa que acceda a eles ou os utilice.
- Os/As usuarios/as comprométense a utilizar a web e os seus servizos de conformidade coa lei, coa moral e cos bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.
Exención de responsabilidade polo funcionamento da web
- O CPXG presta os seus servizos e contidos de forma continuada empregando todos os medios técnicos ao seu alcance para realizar esa prestación de forma satisfactoria.
- O CPXG poderá, cando o considere convinte, realizar correccións, melloras ou modificacións na información contida na web, nos servizos ou nos contidos sen que iso dea lugar, nin dereito a ningunha reclamación ou indemnización, nin implique recoñecemento de responsabilidade algunha.
- O CPXG non se responsabiliza polos danos e prexuízos de toda natureza que puideran derivarse da dispoñibilidade e continuidade técnica do funcionamento da web. En calquera caso, O CPXG levará a cabo todas as actuacións necesarias para restablecer os seus servizos en caso de fallo técnico.
- O CPXG non se responsabiliza polos danos e prexuízos de toda natureza que puideran derivarse do coñecemento que poidan ter terceiros/as non autorizados/as dos datos dos/das usuarios/as e do uso que fagan na web a través destes datos.
Exención de responsabilidade nas Promocións do CPXG ou de terceiros/as incluidas na web
- O CPXG exclúe calquera tipo de responsabilidade pola falta de dispoñibilidade da promoción debida a problemas de carácter técnico non imputables á web ou ao terceiro/a organizador da mesma.
- Igualmente, o CPXG exclúe a súa responsabilidade polos servizos, bens ou produtos que poidan ser adquiridos ou contratados a terceiros/as a través dun acceso nesta web, especialmente nos casos nos que o proceso de compra ou contratación se realiza directamente na páxina web do/da terceiro /ae aínda que aparezan distintivos ou un "frame" cos elementos gráficos da web (Branding).
Exención de responsabilidade polo uso indebido das claves dos/das usuarios/as
- Os/As usuarios/as son os/as únicos/as e exclusivos/as responsables das súas claves de identificación e acceso aos contidos ou servizos da web. Dita identificación componse do código segredo de colexiación ou clave, do DNI e/ou e-mail nalgúns casos, e do nome do/da usuario/a.
- O CPXG non se responsabiliza do uso indebido das claves de acceso dos/das usuarios/as para o acceso aos contidos ou servizos da web que os requiran e das consecuencias derivadas de calquera natureza do mal uso polos/as usuarios/as, a súa perda ou esquecemento e o seu uso indebido por terceiros/as non autorizados.
Volver