Martes, 18 de xuño de 2013 | 07:39

Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS | English | Castellano

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Observatorio Galego dos Medios de Comunicación




Novas

CO TÍTULO ‘O ARTISTA DA COMUNICACIÓN’, DESENVOLVERASE NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE DA CORUÑA O 15 DE OUTUBRO

O Colexio de Xornalistas organiza unha xornada sobre o labor xornalístico de Luís Seoane

[24/09/2010] O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, o Concello da Coruña e a Fundación Luis Seoane organiza unha xornada sobre a figura de Luis Seoane e o seu papel na comunicación baixo o título: O artista da comunicación: O labor xornalístico de Luís Seoane.



ORGANIZADA POR AMNISTÍA INTERNACIONAL O XOVES 25 ÁS

Belén Puñal participa na mesa redonda ''Non máis violencia contra as mulleres''

[17/03/2010] Amnistía Internacional organiza unha mesa redonda co título Non máis violencia contra as mulleres para o xoves 25 de marzo ás 19,30 horas na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. A xornada conta coa participación de Belén Puñal, do CPXG.



HOXE ÁS 19:00 NUNHAS XORNADAS DO CONCELLO DE LUGO

O CPXG presenta o seu informe sobre a prostitución nos medios

[18/11/2010] Belén Puñal, membro da Xunta de Goberno do CPXG, presenta hoxe ás 19:00 o informe 'A representación da prostitución nos medios de comunicación galegos', realizado polo Colexio coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. O acto terá lugar no salón de actos do Centro de Convivencia Maruja Mallo de Lugo, dentro das xornadas de prevención contra a violencia de xénero organizadas polo Concello.



REITERA A PETICIÓN DUN ÓRGANO CONSULTIVO QUE EVITE ESTAS PRÁCTICAS

O CPXG denuncia a utilización de menores en relación coa desaparición dunha moza sevillana

[20/02/2009] O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar a súa preocupación polos reiterados incumprimentos dos principios deontolóxicos que se produciron nos medios de comunicación nos últimos días.



I SEMINARIO DE XORNALISMO E BIOMEDICINA

Expertos analizan o papel dos medios na prevención de enfermidades por mala alimentación

O director do CIBERobn e Álvarez Pousa, na presentación [11/02/2009] Profesionais da comunicación e a medicina científica abordaron o tema no marco do I Seminario de Xornalismo e Biomedicina-Obesidade e Nutrición: Como Comunicar, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatología da Obesidade e a Nutrición (CIBERobn). A inauguración contou coa presenza de Luís Álvarez Pousa, director do Observatorio dos Medios do CPXG.



| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Seguintes